GRUPO NATURALISTA HÁBITAT
Encontros Naturalistas: fotografar a natureza 27-4-12
Xacobo de Toro, profesor de bioloxía e xeoloxía e afeccionado á fotografía de natureza, falará nos Encontros Naturalistas de abril sobre técnicas, trucos e recursos para captar a beleza do entorno natural. Segue lendo...
Resultados do BioBlitz no monte de San Pedro 1-4-12
Xa temos accesibles para o público algunhas das fotografías tomadas no BioBlitz celebrado o 1 de abril de 2012 no monte de San Pedro (A Coruña).
Premendo en cada enlace accederedes ao álbum de fotos correspondente. Cada álbum leva a indicación da zona onde foron tomadas as fotos e os autores. O nome da especie poñerase como comentario en cada foto. Calquera pode etiquetalas, así que anímate a colaborar na identificación da biodiversidade de San Pedro!.

- Zona 1
- Zona 2
- Zona 3
- Zona 4
- Zona 5
![]() |
| Bioblitz_010412_zona_1_Lucas_y_Candela |
![]() |
| Bioblitz_010412_zona2_Santi_y_Oscar |
![]() |
| bioblitz_010412_zona3_belen_y_marta |
| Bioblitz_010412_zona_4_Belen_y_Marta |
![]() |
| Bioblitz_010412_zona5_belen_y_marta |
![]() |
| Bioblitz_010412_zona_5_Damian |
![]() |
| Bioblitz_010412_Zona_5_Atocha |
1-4-12: BioBlitz no Monte de San Pedro (A Coruña)
O Grupo Naturalista Hábitat, co apoio da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, organiza un BioBlitz no monte de San Pedro (A Coruña) o vindeiro domingo 1 de abril.
Que é un BioBlitz?
É un estudo intensivo de campo durante un período curto de tempo, no que se explora bioloxicamente unha determinada área para rexistrar e identificar o maior número de especies posible.
Como participar?
Só tes que achegarte coa túa cámara dixital, escoller unha das áreas nas que dividimos o parque, e fotografar todos os seres vivos que vexas.
E despois?
- Identificaranse todas as especies fotografadas, ben no campo ou a posteriori.
- Crearase un catálogo virtual público na web www.gnhabitat.org
- Hábitat quedará cunha copia de todas as fotografías, pertencendo a cada autor os seus dereitos.
10:15-11:15 Visita guiada polo G. N. Hábitat ao Monte de San Pedro.
11:30-14:00 BioBlitz (sesión de mañá)
16:00-19:30 BioBlitz (sesión de tarde)
O punto de partida e encontro é a entrada da Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro (A Coruña).
Inscricións, dúbidas e comentarios: gnhabitat@yahoo.es / T: 981 135 014
Segue lendo...
Necesitamos citas para A Mobella nº 19!
Lembrámosvos que está aberto o prazo de envío de material para o Caderno de Campo da próxima revista A Mobella, que chega ao seu número 19.
Se tedes citas de interese de fauna e flora de Galicia, simplemente seguide os criterios que aparecen no número 18 d'A Mobella, e remitide a vosa selección de rexistros indicando:
Podedes envialo ao correo do grupo gnhabitat@yahoo.es, indicando no asunto: Caderno de campo - A Mobella 19.
Entre todos podemos seguir consolidando A Mobella como unha revista de referencia do naturalismo galego.
Ánimo e grazas por colaborar!
Segue lendo...
Se tedes citas de interese de fauna e flora de Galicia, simplemente seguide os criterios que aparecen no número 18 d'A Mobella, e remitide a vosa selección de rexistros indicando:
- Especie (nome científico)
- Data
- Provincia, concello e lugar
- Detalles da cita (número de exemplares, hábitat, sexo, idade, comportamento,...)
- Nomes completos de todos os observadores
Podedes envialo ao correo do grupo gnhabitat@yahoo.es, indicando no asunto: Caderno de campo - A Mobella 19.
Entre todos podemos seguir consolidando A Mobella como unha revista de referencia do naturalismo galego.
Ánimo e grazas por colaborar!
Segue lendo...
Encontros Naturalistas 24-2: ecoloxía de Eurynebria complanata
Este venres 24 de febreiro contaremos no local do grupo coa presencia do biólogo Pablo Carballo, membro do GN Hábitat, quen nos falara da ecoloxía da Eurynebria complanata (Coleoptera: Carabidae).
Pablo leva 3 anos estudando unha poboación da Costa da Morte para actualizar os coñecementos ecolóxicos sobre esta especie tan pouco coñecida no ámbito peninsular, a pesar de tratarse do centro da súa área de dispersión.
Agardámosvos! Segue lendo...
18-2-12: A realidade do lobo en Galicia
O vindeiro sábado 18 de febreiro no C.E.N "Casa das Insuas" desenvolverase o monográfico "A realidade do lobo en Galicia" coa seguinte programación:
11:00 h. "O lobo en ambientes humanizados"
12:00 h. Mesa redonda-coloquio "A realidade do lobo en Galicia". Intervirán:
11:00 h. "O lobo en ambientes humanizados"
12:00 h. Mesa redonda-coloquio "A realidade do lobo en Galicia". Intervirán:
- Luis Llaneza (ARENA S.L)
- José Vicente López-Bao (ARENA S.L, Grimsö Wildlife Research Station)
- Emilio García (ARENA S.L)
Cinco candidatas á ave máis singular de Galicia en 2011
- Xa hai finalistas para a quinta edición dos premios RARO e a segunda do VAIA FOTO!
- A segunda rolda de votacións está aberta a todos os interesados até o vindeiro domingo 19 de febreiro ás 22 h.
Cada ano chegan a Galicia moitas especies de aves escasas ou que non son propias da nosa rexión, e coñécense como rarezas dentro do mundo da ornitoloxía. Pode tratarse tanto de aves de orixe americana, asiática ou africana, como propias doutras partes de España que resultan moi difíciles de ver no Noroeste peninsular. Estas observacións levantan unha expectación extraordinaria entre os ornitólogos, xa que supoñen unha oportunidade única de ver estas especies.
Por este motivo, un grupo de ornitólogos galegos organiza os premios RARO, dirixidos a destacar a observación ornitolóxica máis salientable do ano, e VAIA FOTO!, que premia a mellor fotografía dunha rareza en Galicia. Estes galardóns pretenden animar a todo o mundo a afeccionarse á observación de aves, unha actividade altamente satisfactoria e comprometida coa conservación do medio natural.
Na primira rolda de votacións participaron 109 votantes e contabilizáronse 978 votos, que serviron para elixir aos seguintes finalistas:
Finalistas RARO 2011:
- Gaviota de Thayer Larus thayeri. San Cibrao (Lugo), 13 a 21 de marzo. Observadores: David Calleja e Raúl Carrillo. É, de ser homologada, a primera cita para España, e en Europa viuse menos de 20 veces.
- Págalo polar Stercorarius maccormicki. Estaca de Bares (Mañón, A Coruña), 10 de setembro. Observadores: Antonio Sandoval, Ricardo Hevia, Dave McAdams, Toño Salazar, Mario Alonso e José Gómez Aparicio. De ser homologada, a primeira cita para Europa, España e Galicia.
- Bisbita norteamericano Anthus rubescens. Parque de Bens (A Coruña, A Coruña), 27 de setembro. Observador: Cosme Damián Romay. De ser homologada, é a primeira cita para España e Galicia.
- Mosquitero sombrío Phylloscopus fuscatus. Praia de Mar de Fóra (Fisterra, A Coruña), 30 de outubro. Observador: Daniel López Velasco. A primeira cita para España, de ser homologada, dun paxaro desta especie non capturado para anelamento.
- Negrón de Stejneger Melanitta deglandi stejnegeri. Enseada de San Simón (Vigo, Pontevedra), 8 a 23 de decembro. Observador: José Ramón Gómez González. É a primeira cita para España e Galicia, de ser homologada. En Europa viuse menos de 10 veces.
Finalistas VAIA FOTO 2011:
- Bisbita norteamericano Anthus rubescens. Parque de Bens (A Coruña). FOTO: Juan Sagardía.
- Correlimos de Bonaparte Calidris fuscicollis. Praia da Ermida, Corme (A Coruña). FOTO: Daniel L. Velasco.
- Fumarel aliblanco Chlydonias leucopterus. Encoro das Forcadas, Valdoviño (A Coruña). FOTO: Pablo Gutiérrez.
- Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. Costa de A Coruña. FOTO: Juan Sagardía. Mosquitero sombrío
- Phylloscopus fuscatus. Fisterra (A Coruña). FOTO: Pablo Gutiérrez.
Na segunda rolda de votacións, aberta a todos os interesados até o vindeiro domingo 19 de febreiro ás 22 h, hai que escoller unha especie en cada categoría.
A información das distintas observacións, fotos candidatas e instruccións de votación están publicadas no blog www.travellingbirds.blogspot.com.
A entrega de premios terá lugar o domingo 26 de febreiro en Ortigueira (A Coruña) durante un xantar de confraternización aberto a todos os afeccionados á ornitoloxía e o bo comer, previo aviso á organización. Segue lendo...
Renovación da Xunta Directiva
Na Asemblea Extraordinaria do 20 de xaneiro de 2012, renováronse algúns cargos da Xunta Directiva do Grupo Naturalista Hábitat, que pasa a estar formada por:
- Presidente: Santiago Vázquez Casás.
- Vicepresidente: Roberto Vidal Pazos.
- Secretario: Óscar Vázquez Casás.
- Tesoureiro: Victor Souto Balado.
- Vogalía de publicacións: Ricardo Ferreiro Sanjurjo.
- Vogalía de dinamización: Belén Lorenzo Arenal.
- Vogalía de divulgación: Cosme Damián Romay Cousido.
- Vogalía de medios de comunicación: Atocha Ramos Martínez.
- Vogalía da Sección Entomoloxía: Jorge Ramos Abuín.
- Vogalía Fragas do Mandeo (nova vogalía): Antón Vázquez Corral.
RARO 2011: aberta a primeira rolda de votacións
- A quinta edición dos premios RARO recoñecerá a observación ornitolóxica máis singular entre quince nomeadas.
- A primeira rolda de votacións está aberta a todos os interesados até o vindeiro venres 10 de febreiro ás 22 h.
Cada ano chegan a Galicia moitas especies de aves escasas ou que non son propias da nosa rexión, e coñécense como rarezas dentro do mundo da ornitoloxía. Pode tratarse tanto de aves de orixe americana, asiática ou africana, como propias doutras partes de España que resultan moi difíciles de ver no Noroeste peninsular. Estas observacións levantan unha expectación extraordinaria entre os ornitólogos, xa que supoñen unha oportunidade única de ver estas especies.
Este ano terá lugar a quinta edición dos premios RARO, dirixidos a destacar a observación ornitolóxica máis singular do ano, e a segunda do VAIA FOTO!, que premia a mellor fotografía dunha rareza en Galicia. Estes galardóns pretenden animar a todo o mundo a afeccionarse á observación de aves, unha actividade altamente satisfactoria e comprometida coa conservación do medio natural.
A primeira rolda de votacións está aberta a todos os interesados até o vindeiro venres 10 de febreiro ás 22 h, e hai que elixir a 5 dos 15 finalistas de cada categoría publicados no blog www.travellingbirds.blogspot.com. Na segunda rolda, que rematará o domingo 19 de febreiro ás 22 h, haberá que escoller un entre eses cinco. Para votar só hai que enviar un correo electrónico a Pablo Gutiérrez (pabletevarga(@)yahoo.es), membro do comité de rarezas da SEO e co-organizador dos premios RARO.
A entrega de premios terá lugar o domingo 26 de febreiro en Ortigueira (A Coruña) durante un xantar de confraternización aberto a todos os afeccionados á ornitoloxía e o bo comer, previo aviso á organización.
Na pasada edición dos premios RARO e VAIA FOTO! máis de 100 persoas votaron para elixir a observación máis excepcional e envexable, e a mellor foto do 2010, e case 40 asistentes participaron no xantar e a entrega de premios.
Os gañadores de anteriores edicións foron:
- RARO07: Charadrius leschenaultii, 1 exemplar en Ponteceso (A Coruña) o 31 de xullo de 2007 (Marcos Otero e María Vidal). Esta limícola cría desde Turquía ata o leste de Asia, e inverna nas costas do océano Índico e as Australianas. Primeira cita para Galicia e terceira para España.
- RARO08: Xenus cinereus, 1 exemplar en Baldaio (A Coruña) o 25 de xullo de 2008 (Xabi Varela Varela). Primeira cita para Galicia.
- RARO09: Hippolais caligata, 1 exemplar en Cobas, Ferrol (A Coruña) o 8 de outubro de 2009 (Pablo Gutiérrez). Primeira cita para Galicia desta especie asiática.
- RARO10: Phaeton aethereus, 1 exemplar pasando fronte a Estaca de Bares (A Coruña) o 18 de outubro de 2010 (Antonio Sandoval, Ricardo Hevia e Álvaro Barros). Primeira cita para Galicia, e primeira cita desde terra para península Ibérica e Europa continental.
- VAIA FOTO!10: Empate entre Antonio Gutierrez (foto de Stercorarius longicaudus, págalo rabero) e José Luis Salaverri (foto de Anthus cervinus, bisbita gorgirrojo).
Resultados de Coruñaves 2012 (III maratón ornitolóxica no municipio da Coruña)
O pasado domingo día 8 de xaneiro de 2012 celebrouse a terceira edición da maratón ornitolóxica do municipio da Coruña, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat co apoio de Foto Artús. Esta maratón, bautizada este ano como Coruñaves 2012, tivo como principal obxectivo observar o maior número de especies de aves dentro do concello herculino ao longo dunha mañá en grupos de 2 ou 3 observadores.
Os tres equipos participantes foron:
Equipo A: Óscar Vázquez, Santi Vázquez e Luis Corral.
Equipo B: Alberto Monteagudo, Antía e Belén Lorenzo
Equipo C: Óscar Llama e Damián Romay
Ás 9:30 h partiron desde o local de Hábitat na rúa Camariñas, regresando a este ás 13:30 h, tras percorrer varios lugares do municipio a pé ou empregando as liñas de autobús público, garantindo así a absoluta sustentabilidade ecolóxica da iniciativa.
Os resultados finais foron moi notables, con 55 especies de aves vistas en total polos tres equipos, destacando as observacións de mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), gaivota arxéntea (Larus argentatus), arao (Uria aalge) e pardal montés (Passer montanus), todas elas especies escasas ou raras na Coruña. 22 especies foron vistas por un só dos grupos, conseguindo por elo 3 puntos. Outras 10 foron observadas por dous equipos (obtendo por isto 2 puntos) e 23 serían vistas polos tres equipos participantes (1 punto).
O equipo gañador, formado por Óscar Llama Palacios e Cosme Damián Romay Cousido, logrou observar 46 especies de aves, acumulando 84 puntos, en boa parte grazas a ver 15 especies non detectadas polos outros grupos. O premio foi unha cesta de produtos Hábitat, que incluía, entre outros agasallos, os derradeiros números de Chioglossa e A Mobella e un forro polar de Hábitat.
A continuación poder ver os resultados das especies avistadas por equipos e por zonas:

Asemblea extraordinaria-ordinaria 20-1-2012
O vindeiro venres 20 de xaneiro de 2012 ás 19:30 h (20 h en segunda convocatoria) terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria do Grupo Naturalista Hábitat, no local da rúa Camariñas 8, baixo (A Coruña).
Ver convocatoria e orde do día.
De seguido, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria ás 20:30 h (21 h en segunda convocatoria).
Ver convocatoria e orde do día.
Nota: Podedes solicitar copia en formato dixital do resumo da asemblea anterior vía email a gnhabitat@yahoo.es. Segue lendo...

A selva na casa
La Asociación Herpetológica Española denuncia el uso sensacionalista y recreativo que se hace de los animales en el programa emitido por la cadena de televisión Cuatro “La Selva en Casa”.
Se queres ler o comunicado completo da AHE, preme AQUÍ. Segue lendo...
Se queres ler o comunicado completo da AHE, preme AQUÍ. Segue lendo...
6-1-2012 Día dos Prismáticos na ría do Burgo. Achégate ás aves!
Como os Reis Magos, o Apalpador e o Pai Nadal soen portarse moi ben, hai moitos nenos e adultos que o 6 de xaneiro reciben uns prismáticos ou un telescopio, e achéganse á ría do Burgo para estrenalos.
Por iso, Hábitat organiza por primeira vez o Día dos Prismáticos, unha xornada divulgativa para achegar a observación de aves (e por que non, outra fauna) ao público xeral.
Terá lugar o venres 6 de xaneiro, día de Reis, no paseo marítimo da ría do Burgo (xunto ao xardín botánico) de 12 a 14 h e de 16 a 18 h. Ademáis de informar aos paseantes sobre como empregar o material óptico e as especies máis comúns que se poden ver na ria, poñeremos á súa disposición unhas cantas guías de campo, así como un pequeno mercadillo con material do Grupo (A Mobella, Chioglossa, calendarios, forros polares...) e outros produtos.
Segue lendo...
III maratón ornitolóxica na Coruña - CORUÑAVES 2012
Esta actividade lúdica consiste en ver por equipos o maior número de especies de aves posible dentro do municipio da Coruña, utilizando material óptico (prismáticos/telescopio) e medios de transporte respectuosos co entorno (bus urbano, bicicleta ou a pé).
Quedarase no local do Grupo, na rúa Camariñas 8, baixo (a 150 m da Domus) ás 9 da mañá. O prazo para ver aves será ata as 13.30 h, momento no que haberá que presentarse no local para facer o reconto de especies e declarar o equipo gañador, que levará un pequeno agasallo.
É moi importante chegar puntual, xa que un retraso supón a descalificación.
A continuación detállanse as bases, que podes descargar en formato PDF AQUÍ.
III maratón ornitolóxica no concello da Coruña
CORUÑAVES 2012
Bases
1. Participantes: poderán participar na maratón Coruñaves 2012 todas aquelas persoas que o desexen. Formaranse equipos de 2 ou 3 participantes, segundo o número de inscritos.
2. Inscrición: a inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata o día anterior á celebración da maratón. Realizarase por teléfono (981 135 014) ou correo electrónico (gnhabitat@yahoo.es), indicando nome completo e datos de contacto (e-mail e teléfono).
3. Localización: só se permitirá ver aves dentro dos límites do municipio da Coruña. Para a zona marítima, considérase a metade occidental da ría da Coruña e metade oeste da zona externa da ría do Burgo. Serán válidos os avistamentos mar afora da costa norte do municipio, sen límite de distancia. O punto de saída e de chegada será o local do Grupo Naturalista Hábitat, situado na rúa Camariñas nº 8 (baixo) da Coruña (a 150 m da Domus).
4. Horario: os participantes deberán presentarse no local do Grupo ás 9.00 h, para organizar os grupos, repartir o material e lembrar as normas. A saída será ás 9.30 h. O prazo para ver aves estenderase ata as 13.30 h, momento no que deberán presentarse de novo no local do Grupo. É moi importante chegar puntual, xa que un retraso (incluso duns poucos minutos) supón a descualificación do equipo.
5. Material: permitirase o uso de prismáticos e/ou telescopio, así como cámaras fotográficas. Cada participante achegará o seu material, agás a ficha para anotar as observacións, que será facilitada por Hábitat.
6. Medios de transporte e comportamento: será obrigatorio o uso de medios de transporte ambientalmente sostibles (isto é, bus urbano, bicicleta ou a pé). Os participantes deberán ser respectuosos co contorno e non molestar á fauna nin prexudicar á flora.
7. Especies válidas e sistema de puntuación: terán validez só as especies vistas e/ou escoitadas por todos os membros do equipo dentro do municipio da Coruña. Todas as especies deben ser anotadas na lista impresa facilitada por Hábitat. Ao finalizar a maratón, contabilizaranse todas as especies detectadas, que puntuarán do seguinte xeito:
- 3 puntos por cada especie vista só por un dos equipos participantes.
- 2 puntos por cada especie vista só por dous dos equipos participantes.
- 1 punto por cada especie vista por tres ou máis equipos.
8. Reconto de especies e puntos: ás 13.30 h no local do Grupo terá lugar o reconto de especies detectadas por cada equipo, a asignación de puntos e a declaración do equipo gañador. No caso de empate no número de puntos, valorarase a cantidade de especies vistas exclusivamente por cada equipo empatado para resolver o empate.
9. Premio: o equipo gañador será agasallado cunha cesta de produtos “Hábitat”.
10. A participación neste certame supón a aceptación das presentes bases. Calquera dúbida ou cuestión que aconteza e non estea recollida nas mesmas será aclarada pola Xunta Directiva do Grupo Naturalista Hábitat (gnhabitat@yahoo.es - 981 135 014). Segue lendo...
Encontros Naturalistas 23-12: xestión cinexética sostible
O vindeiro venres 23 de decembro contaremos de novo cun interesante relatorio do Dr. Carlos Nores, Profesor da Universidade de Oviedo, Subdirector da fundación Oso Pardo e do INDUROT (Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio) e especialista na bioloxía, distribución e conservación de mamíferos.
A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 23 de decembro ás 20:30 h, e leva como título "Bases metodolóxicas do seguimento das especies cinexéticas e a súa xestión sostible".
Dado que o aforo é limitado, pregamos confirmedes a vosa asistencia cun día de antelación no e-mail do grupo (gnhabitat@yahoo.es) co asunto "ASISTENCIA".
Graciñas!. Segue lendo...
Áreas prioritarias para avifauna
DOG 21/12/2011
Consellería do Medio Rural
RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se delimitan as áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
Ver resolución completa en PDF.

Calendario 2012 e Chioglossa III
Comprácenos anunciar que xa temos impreso o volume III da Chioglossa, tamén dispoñible en formato dixital na web www.chioglossa.com.
Tamén dispoñemos en papel do calendario de 2012, que desta vez trata sobre o Espazo Natural de Interese Local illas do Portiño.
Os socios do Grupo recibirán en breve por correo postal estas dúas publicacións, xunto coa convocatoria de asemblea de xaneiro. Se non es socio e queres facerte con elas, contacta connosco! Segue lendo...

RD 1628/2011. Catálogo español de especies exóticas invasoras
Real Decreto 1628/2011, de 14 de noviembre, por el que se regula el listado y catálogo español de especies exóticas invasoras.
Ver PDF (BOE 12/12/2011)
Segue lendo...
Ver PDF (BOE 12/12/2011)
Segue lendo...
Entrevista a Hábitat en Radiofusión
O pasado 7 de decembro de 2011, o programa O Viraventos de Radiofusión, a programación conxunta das Emisoras Municipais Galegas, contou coa participación do Grupo Naturalista Hábitat, grazas á FEG.
A entrevista, ofrecida por Damián Romay, tratou principalmente sobre o proxecto FAME no que estamos a colaborar, e sobre o que podes informarte AQUÍ.
Podes ver a nova en prensa ou escoitar/descargar o arquivo MP3 da entrevista. Segue lendo...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)